Acceso á zona privada

AGPTI

Volver á lista de novas

A AGPTI celebra o seu 15.º aniversario no Culturgal

Gardado en Asociación Actividades
A AGPTI celebra o seu 15.º aniversario no Culturgal

Aproveitando que a AGPTI vai estar presente no Culturgal, a feira das industrias culturais, do 2 ao 4 de decembro de 2016 no Pazo da Cultura de Pontevedra, e que este ano cumprimos 15 anos de existencia, imos celebralo o domingo 4 de decembro das 17.15 ás 18.00, no Espazo Libro da feira, cun interesantísimo acto no que participarán as tres socias fundadoras da asociación: María Reimóndez, Lara Santos e Saleta Fernández.

Neste acto farase un breve repaso aos 15 anos da existencia da asociación, interactuando co público e empregando un formato de xogo de preguntas tipo Trivial sobre a AGPTI (datos sobre a asociación, o que se acadou nestes anos, o que queda por facer etc.). Ao final celebrarase o 15.º aniversario cunha torta.

Esperamos vervos neste acto e que nos visitedes no posto n.º 38 da feira!

Evento no Facebook: https://www.facebook.com/events/226842804418089/.