Acceso á zona privada

AGPTI

Volver á lista de novas

A AGPTI ingresa no padroado da Fundación Plácido Castro

Gardado en Asociación Actualidade
A AGPTI ingresa no padroado da Fundación Plácido Castro

A Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación ingresou este mes no padroado da Fundación Plácido Castro.

 

A fundación creouse en 2001 para reivindicar a figura do escritor, xornalista e tradutor corcubionés, persoeiro egrexio do galeguismo na diáspora e colaborador da primeira emisión radiofónica estábel en lingua galega, o Galician Programme da BBC (1947-1956). Esta entidade tamén outorga anualmente un premio de tradución literaria que atinxiu este ano a súa décimo oitava edición.

 

Entre as obras vertidas por Plácido Castro (1902-1967) ao galego, atopamos teatro, poesía inglesa, escocesa e irlandesa, e As Rubáyiát, a selección de poemas do autor persa Omar Khayyam.

 

O ingreso da AGPTI no padroado facilitará a realización de actividades conxuntas que visibilicen a importancia da tradución no ámbito da cultura e da sociedade galegas.

 

Nesta ligazón pódese acceder á noticia publicada na páxina web da fundación.

 

Imaxe: Fundación Plácido Castro