Acceso á zona privada

AGPTI

Volver á lista de novas

A AGPTI será a anfitrioa do encontro anual de Red Vértice en 2020

Gardado en Asociación
A AGPTI será a anfitrioa do encontro anual de Red Vértice en 2020

A AGPTI volverá ser anfitrioa da reunión anual da Red Vértice, dez anos despois do primeiro encontro celebrado en Vigo en xuño de 2010.

 

A rede española de asociacións de profesionais da tradución, da interpretación e da corrección foi creada en maio de 2009. Desde entón, a AGPTI ten participado activamente nela. Neste momento, o noso socio José-Luis Morais é responsábel da coordinación de comunicación e encárgase de todo o relacionado coa difusión de información da rede. Por outra banda, a actual presidenta da AGPTI, Iria Taibo, forma parte do grupo de traballo para a elaboración dun código de boas prácticas común á a todas as asociacións integrantes.

 

O último encontro tivo lugar na cidade de Valencia os pasados días 14 e 15 de xuño.