Acceso á zona privada

AGPTI

Volver á lista de novas

Asemblea anual da AGPTI 2021

Gardado en Asociación Actualidade
Asemblea anual da AGPTI 2021

O pasado sábado 17 de abril deste 2021, vixésimo aniversario da AGPTI, tivo lugar a asemblea anual da asociación. As asembleas ordinaria e extraordinaria realizáronse por vía telemática debido á situación sanitaria na que nos atopamos.
 

Durante a reunión, fíxose balance das actividades levadas a cabo no ano pasado e presentouse o novo programa de actividades. Ademais, aprobouse a creación da figura de socia de honra, na cal se incluirá as tres socias fundadoras: Lara Santos (que forma parte da xunta directiva na actualidade), María Reimóndez e Saleta Fernández.
 

Alén da creación desta nova figura honorífica en recoñecemento a persoas que se teñan destacado pola súa defensa da profesión ou da asociación, vaise avanzar en varios proxectos de reivindicación das condicións de traballo nos sectores da tradución e da interpretación.
 

A AGPTI está a rematar a renovación da súa páxina web, co obxectivo de mellorar os servizos para as socias e socios, e tamén está a traballar en varias colaboracións con diversas entidades.
 

Na actualidade, a AGPTI conta con 121 socias e socios (100 profesionais, 20 persoas tituladas e 1 convidada).

A directiva actual está formada polos seguintes membros:
 

  • Presidencia: Iria Taibo
  • Vicepresidencia e vogalía de comunicación: Gabriel Álvarez
  • Secretaría: Béatrice Pépin
  • Tesouraría: Cristian Marcote
  • Vogalía de formación: Paloma Barrera
  • Vogalía de interpretación: Lara Santos
  • Vogalía de tradución literaria: Raquel Senra
  • Vogais: Iria Castro e Celia Recarey