Acceso á zona privada

AGPTI

Volver á lista de novas

Breve crónica da última merenda conversa: A interpretación en Galicia

Gardado en Merenda-conversa Actividades
Breve crónica da última merenda conversa: A interpretación en Galicia

O pasado venres 11 de xaneiro, un grupo de socias e socios da AGPTI xuntouse no Centro Sociocultural José Saramago de Santiago de Compostela para celebrar a primeira merenda-conversa do 2019, que versou sobre o a interpretación. En certo sentido, pódese dicir que serviu de preludio á gran xornada que terá lugar o próximo día 5 de febreiro na Facultade de Filoloxía e de Tradución da Universidade de Vigo.


Esta vez, en lugar da estrutura dividida en dúas sesións, realizouse unha posta en común de información e coñecementos e unha discusión acerca da profesión e do mercado da interpretación nas súas diferentes modalidades. As organizadoras e moderadoras da conversa foron as intérpretes Ana Mirás e Lara Santos, que propuxeron ao grupo unha serie de cuestións para debater. Entre outros aspectos, falouse de asociacionismo, condicións laborais, comunicación coa clientela, preparación para o traballo, cabinas de interpretación e outro tipo de ferramentas, características do mercado galego e diferenzas con outros mercados.

 

A conversa prolongouse a tarde enteira, mais tamén houbo tempo para compartir doces e petiscos.