Acceso á zona privada

AGPTI

Volver á lista de novas

Celebración do Día da Tradución: recital poético multilingüe "Con barqueira e remador"

Gardado en Actividades Asociación Actualidade
Celebración do Día da Tradución: recital poético multilingüe "Con barqueira e remador"

O xoves día 22 de outubro vinde celebrar connosco o Día Internacional da Tradución. O acto dará comezo ás 20.00 no club Charenton

 

Como? Que aínda non sabedes onde está? Apunta: rúa Ramón Nieto 58, no Calvario, Vigo. E se queredes ir en bus, as liñas  L11, C15, L31 e PSA3 déixanvos a carón do club (ou enfronte, se baixades desde a Universidade).

 

Contaremos cun recital poético multilingüe, no que participarán, coa coordinación de Yolanda Castaño, Josep M. Rodríguez (Cataluña), Estíbaliz Espinosa (Galiza), Sholeh Wolpé (Irán), Tal Nitzán (Israel), Nicola Madzirov (Macedonia), Ostap Slyvynsky (Ucraína) e Yasushiro Yotsumoto (Xapón). Este recital forma parte do programa do IV Obradoiro Internacional de Tradución Poética Con barqueira e remador, que ten lugar entre o 19 e o 24 de outubro na Illa de San Simón.

 

Despois do recital, poderemos intercambiar experiencias e inquietudes mentres tomamos uns deliciosos petiscos.

A entrada será libre. Non faltedes!

 

 

Programa de actividades do IV Obradoiro Internacional de Tradución Poética "Con barqueira e remador":

 

-       Mércores 21 outubro, 20h: Recital poético multilingüe. Casa da Luz, Praza da Verdura, Pontevedra. (En colaboración coa AELG e o Concello de Pontevedra).


-       Xoves 22 outubro, 20h: Charenton Club Cultura. r/ Ramón Nieto. Vigo (En colaboración coa AGPTI).

-       Venres 23 outubro, 20h: Auditorio do Multiusos da Xunqueira (en colaboración co Concello e a Biblioteca Municipal de Redondela).