Acceso á zona privada

AGPTI

Volver á lista de novas

Celia Recarey recibe premio de tradución na IV Gala do Libro Galego

Celia Recarey recibe premio de tradución na IV Gala do Libro Galego

A socia da AGPTI Celia Recarey Rendo foi premiada onte, día 11 de maio de 2019, na IV Gala do Libro Galego pola tradución de A señora Dalloway, de Virginia Woolf (2018, Irmás Cartoné).

 

A Gala do Libro Galego é un evento cultural de carácter anual que ten por finalidade premiar as mellores obra e iniciativas literarias do ano anterior. Está convocado pola Asociación Galega de Editoras, a Federación de Librarías de Galicia e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.

 

Nas anteriores edicións, premiouse as traducións de Pippi Mediaslongas (Astrid Lindgren, trad. David A. Álvarez, Kalandraka Editora), Historia do nobre Ponto, que foi rei de Galiza e de Bretaña (anónimo, trad. Henrique Harguindey Banet, Rinoceronte Editora) e Mocidade (Joseph Conrad, trad. Alejandro Tobar, Editorial Hugin e Munin).