Acceso á zona privada

AGPTI

Volver á lista de novas

Charla "A xestión do correo electrónico sen agoniarse"

Gardado en Actividades Asociación
Charla "A xestión do correo electrónico sen agoniarse"

O próximo venres 14 de xuño o noso socio José-Luis Morais impartirá a charla "A xestión do correo electrónico sen agoniarse". Será en Santiago de Compostela ás 17 h, xusto antes da nosa asemblea xeral, no Centro Cívico da Trisca (Corredoira das Fraguas, 92).

A entrada é libre e de balde mais, para que poidamos tirar o máximo rendemento da charla, agradecemos que aquelas persoas que vaian asistir cubran nun momentiño a seguinte enquisa que elaborou o docente.

Animádevos!