Acceso á zona privada

AGPTI

Volver á lista de novas

Convocatoria do II Premio Xela Arias

Gardado en Premio Xela Arias Asociación Actualidade Actividades
Convocatoria do II Premio Xela Arias

A AGPTI abre hoxe a recepción de candidaturas para a II edición do Premio Xela Arias. Este premio recoñece o labor de empresas, entidades ou persoas que contribúan á promoción do uso do galego no mercado da tradución e da interpretación en todos os sectores económicos.

 

O período de recepción de candidaturas comeza hoxe e rematará o día 15 de setembro. Para enviar unha candidatura só é preciso enviar un correo electrónico a info@agpti.org. O gañador ou gañadora será anunciado o día 30 de setembro co gallo do DIT, o Día Internacional da Tradución. Este ano hai unha novidade: a gañadora do ano anterior, María Alonso Seisdedos, incorporarase ao xurado.

 

A entrega do premio será, como o ano anterior, durante a Culturgal, a principios de decembro.

 

(Foto de Xulio Gil)