Acceso á zona privada

AGPTI

Volver á lista de novas

Curso de voz en Ourense

Gardado en Cursos
Curso de voz en Ourense

A AGPTI organiza un curso presencial de voz, de 8 horas de duración, o próximo 4 de febreiro. O curso ten un prezo especial para socios e socias da AGPTI e descontos para membros doutras asociacións.

 

Disfonías, molestias, infeccións ou dores de gorxa son algúns dos síntomas que se adoitan padecer co uso repetido ou indebido do aparato fonador. Un problema moi recorrente para quen se serve da voz para traballar ou as persoas de gorxa delicada. Co fin de evitar sufrimentos innecesarios, a AGPTI organiza un curso de voz destinado non só a intérpretes, senón tamén a persoas que queiran mellorar a súa proxección ou dicción vocal e aquelas que sintan curiosidade por coñecer o funcionamento do seu aparato fonador para sacarlle máis proveito na súa vida profesional ou persoal. Porque unha boa voz produce un son máis agradable e ten un mellor impacto nas mensaxes que se transmiten, cómpre sabermos coidar a voz e empregala debidamente.

 

Este curso presencial terá unha duración de oito horas nunha soa xornada, da man dun experto en técnica vocal como é Pablo Ferradás, que cursou estudos universitarios sobre Educación musical na Universidade de Vigo, así como Logopedia e Foniatría na Universidade de Alcalá de Henares. Ademais de profesor de técnica vocal, é formador en foniatría, terapeuta vocal e asesor de voz.

 

CONTIDOS DO CURSO

— Anatomía da fonación
— Pautas para unha emisión correcta e saudable
— Hixiene e coidados da voz xerais e específicos para profesionais da interpretación
— Técnica vocal:

> Traballo corporal:
• Relaxación
• Reorganización e control postural
• Respiración e apoio diafragmático
> Traballo vocal:
• Resonancia, impostación
• Proxección, articulación
• Modulación
> Traballo práctico:
• Aplicación técnica
• Recursos vocais e comunicativos adaptados á interpretación
• Recreación de supostos prácticos


LUGAR
Kilómetros & Millas
Bedoya, 6 entreplanta, oficina 2
32004 Ourense

 

HORARIO
10:00 a 14:00 h
16:00 a 20:00 h
Sábado 4 de febreiro de 2017

 

PREZOS
70 €
60 € (membros da Rede Vértice)
50 € (membros da AGPTI)
* Pausas café por conta da organización

 

Formulario de inscrición AQUÍ

Prazo de inscrición: ata o 31 de xaneiro de 2017