Acceso á zona privada

AGPTI

Volver á lista de novas

Día da Tradución 2014

Este ano, na AGPTI imos aproveitar o Día da Tradución para presentar a «Guía práctica para o inicio da actividade profesional da tradución ou da interpretación», unha ferramenta elaborada coa colaboración dos socios e socias profesionais para botar un cabo a estudantes e titulados/as que se queren aventurar no mundo profesional e non saben por onde comezar.

 

O acto terá lugar o martes 30 de setembro ás 19:00 horas en Vigo, na Biblioteca Juan Compañel (na Rúa Joaquín Yáñez, no Casco Vello) e contará coa colaboración de diversos/as tradutores/as e intérpretes profesionais que explicarán de primeira man os seus comezos no mundo laboral. Ademais, teredes a oportunidade de pedir información sobre a AGPTI e asociarvos directamente ao rematarmos o evento.

 

Despois, poderemos seguir compartindo experiencias e inquietudes mentres tomamos uns deliciosos petiscos cortesía da asociación. Non faltedes!

 

Así mesmo, como promoción especial, as solicitudes de alta como socia ou socio da AGPTI que se reciban* ao longo da semana do Día da Tradución (do 29 de setembro ao 5 de outubro) non pagarán cota até o 2015!

 

cartaz-dit-2014

 

* Aceptaranse as solicitudes recibidas por correo electrónico ao enderezo da secretaría (secretaria@agpti.org), se ben a súa aceptación estará suxeita a que a persoa solicitante achegue posteriormente a documentación completa e asinada por correo postal. No propio acto do 30 de setembro contaremos cun mostrador para atender as peticións que se reciban ese día. Na sección «Asóciate» desta mesma páxina web atoparás as instrucións e o formulario para solicitar a alta como socia ou socio da AGPTI.