Acceso á zona privada

AGPTI

Volver á lista de novas

Dous actos relacionados coa TeI na Universidade de Vigo

Gardado en Actividades DIT
Dous actos relacionados coa TeI na Universidade de Vigo

Esta semana, terán lugar dous actos relacionados coa interpretación e a tradución na Universidade de Vigo. Un o xoves 29 e outro o venres 30 de outubro.
 

  • Xornada «A cooperación ao desenvolvemento desde a perspectiva de xénero e os dereitos humanos»: esta xornada encádrase no proxecto MELINCO (Mediación lingüística para a cooperación ao desenvolvemento), dirixido pola doutora Maribel del Pozo Triviño, e consistirá en dúas conferencias plenarias, dúas sesións de presentación das accións do proxecto da man do equipo de MELINCO e de presentación dos TFG do alumnado colaborador e unha mesa redonda con persoal de ONGD e profesionais da tradución e da interpretación. A asistencia virtual require inscrición previa. Pódese consultar toda a información na web do proxecto.

 

  • Mesa redonda «Das Lagoas a Silicon Valley: vivir da T&I en Galicia»: acto académico de celebración do Día Internacional da Tradución organizado pola doutora Ana Luna Alonso. Colaboran o programa de doutoramento T&P, a FFT, Bitraga, BiFeGa e a AGPTI. Celebrarase este venres 30 de 11.00 h a 13.00 h, con asistencia presencial limitada ao alumnado de 1.º do Grao de Tradución e Interpretación. Será transmitido en directo por UVigo-TV desde o Salón de Actos da Facultade de Filoloxía e Tradución. Pódese consultar toda a información na páxina web do programa de doutoramento en Tradución e Paratradución (T&P). Velaquí o enderezo para acceder ao directo.