Acceso á zona privada

AGPTI

Volver á lista de novas

Entrega do III Premio Xela Arias

Gardado en Premio Xela Arias Asociación Actualidade
Entrega do III Premio Xela Arias

Este pasado venres día 18 de decembro achegámonos ao local da cooperativa santiaguesa NUMAX para entregar o III Premio Xela Arias de xeito privado, posto que non foi posíbel facer un acto público debido ás restricións pola actual situación sanitaria.

Na AGPTI esperamos poder organizar en 2021 un acto público para celebrar a traxectoria da empresa compostelá.

NUMAX é unha cooperativa que traballa principalmente no ámbito audiovisual. Desde os seus inicios traducen ao galego unha parte das pezas que emiten e distribúen, apostando claramente por este idioma e por un traballo coidado e de calidade.

O Premio Xela Arias creouse en 2018 co obxectivo de promover o coñecemento da profesión e divulgar a figura da tradutora Xela Arias. O galardón recoñece a traxectoria de persoas, empresas ou entidades que se destaquen pola súa importancia para a tradución e a interpretación en lingua galega. Na primeira edición, a galardoada foi a tradutora María Alonso Seisdedos, especializada no ámbito literario e audiovisual, e na segunda foi a Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, pioneira neste sector e institución que favoreceu a profesionalización no noso ámbito.

Na fotografía, Xan Gómez e Avelino González, de NUMAX, reciben o III Premio Xela Arias.