Acceso á zona privada

AGPTI

Volver á lista de novas

María Reimóndez recibe o Premio dos Clubs de Lectura 2019

Gardado en Actualidade

A socia da AGPTI María Reimóndez, escritora, tradutora, intérprete e activista, recibiu nesta semana o Premio dos Clubs de Lectura 2019, co cal se recoñece o papel "das autoras e autores galegos que facilitan, cos seus libros, o labor de mediación na creación de hábitos de lectura e que son quen de concitar o interese dos lectores e lectoras participantes na experiencia dos clubs de lectura dos centros de ensino secundario de Galicia".

 

O premio entregarase no transcurso da XII Xornada dos Clubs de Lectura dos centros de ensino secundario de Galicia, que terá lugar en Santiago de Compostela (EGAP), o 7 de xuño.

 

Nesta ligazón pódese acceder á resolución pola cal se fai pública a concesión do premio.