Acceso á zona privada

AGPTI

Volver á lista de novas

Novo premio Xela Arias

Novo premio Xela Arias

Como se aprobou na última asemblea xeral da asociación, a AGPTI outorgará neste mes de outubro o novo premio Xela Arias, cuxa creación serve para celebrarmos o Día Internacional da Tradución (30 de setembro).

 

Este premio concédese a unha empresa, entidade ou persoa que destaque pola promoción da tradución ou interpretación cara ou desde o galego e os seus obxectivos son: pór en valor a nosa profesión e o galego como lingua de traballo e dar a coñecer o nome de Xela Arias (1962-2003), figura destacada na tradución ao galego e responsábel das versións na nosa lingua de obras de James Joyce, Gianni Rodari, Jorge Amado ou Roald Dahl, entre moitas outras.

 

O premio ten carácter simbólico e as candidaturas poderán enviarse á asociación polo correo electrónico info@agpti.org até o día 18 de outubro. Calquera persoa pode propor unha empresa, entidade ou persoa candidata por este medio. O fallo será público o día 30 deste mes e o xurado estará conformado pola Xunta Directiva da AGPTI, aínda que a asociación pode convidar outras persoas ou entidades a formaren parte.


(Foto de Xulio Gil)