Acceso á zona privada

AGPTI

Volver á lista de novas

Paso da AGPTI polo Culturgal 2013

Paso da AGPTI polo Culturgal 2013

A AGPTI volveu estar presente un ano máis no Culturgal. Este ano estivemos unicamente durante dúas horas o venres, pero superamos a falta de tempo con grandes ideas, traballo e moita ilusión.

 

Aínda que non estivemos na hora de maior afluencia de público, a xente que se pasou polo stand quedou moi contenta participando na actividade «Vivababel», tratando de imaxinar o complicado que sería o seu día a día se os trebellos que utilizan non estivesen traducidos.

 

O faladoiro foi excelente; foi unha verdadeira marabilla escoitar a Saleta Fernández falándonos de Chinua Achebe, da súa importancia na literatura africana e poscolonial e contarnos detalles do proceso de tradución. Desde o primeiro minuto ata o último cativounos coa paixón coa que falaba do libro e do autor.

 

Unha vez máis, o paso da AGPTI polo Culturgal foi unha excelente oportunidade para reivindicar o papel da tradución e o labor das e dos profesionais que facemos posible a comunicación entre culturas.

 

Deixámosvos nesta ligazón unhas fotos do stand da AGPTI no Culturgal deste ano. Esperamos vervos na próxima edición!