Acceso á zona privada

AGPTI

Volver á lista de novas

Presenza da AGPTI na SELIC 2019

Gardado en Asociación Actividades
Presenza da AGPTI na SELIC 2019

A Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación estará presente na Semana do Libro de Compostela (SELIC), que comezou o pasado venres 7 e durará até o domingo 16 de xuño. O lugar do encontro é a praza da Quintana.

 

En primeiro lugar, o mércores día 12 ás 19.00 horas, os socios Gabriel Álvarez e Samuel Solleiro conversarán en público sobre a tradución de banda deseñada e de audiovisual. Entre outras cousas, falarán dos segredos da profesión e da relación entre o texto e a imaxe neses dous ámbitos.

 

Ademais, o venres 14 de 17.00 a 21.00 horas, a AGPTI disporá dun espazo efémero onde se explicará como é o oficio e onde o público poderá ver obras traducidas por profesionais da asociación.

 

A SELIC é resultado do traballo colaborativo entre o Concello de Santiago e a Mesa do Libro de Compostela e naceu en 2017 co obxectivo de atender as demandas e as necesidades de libreiros e editoriais da capital galega. Neste 2019, celébrase a súa terceira edición.