Acceso á zona privada

AGPTI

Volver á lista de novas

Primeira merenda-conversa do ano

Gardado en Actividades Asociación Merenda-conversa
Primeira merenda-conversa do ano

A AGPTI ten o pracer de anunciar "Botarse ás redes: LinkedIn e Twitter", a primeira merenda-conversa deste ano, en colaboración co espazo Doutro xeito Coworking. As merendas-conversa son un formato de encontro para membros da asociación co obxectivo de compartir coñecementos e experiencias e pasar un bo momento.

 

Esta primeira merenda-conversa tratará sobre as redes sociais Twitter e LinkedIn e estará dirixida por Béatrice Pépin (sección de Twitter) e Óscar Curros (sección de LinkedIn).

O encontro terá lugar no día venres 20 de abril de 15:30 a 20:00 horas no espazo Doutro xeito Coworking de Santiago de Compostela.

Hai 18 prazas en total para membros da AGPTI e convidados/as de Doutro xeito Coworking. Adxudicaranse as prazas por orde de inscrición. A inscrición pódese facer a través da seguinte ligazón: https://goo.gl/forms/oJhUVPpIRXumHdwV2

 

No seguinte documento pódese consultar todos os datos e o programa das dúas sesións que compoñen a merenda-conversa.
/web/uploads/novas/Botarse ás redes_O_teu_LinkedIn_anda_ou_non_anda & Experiencia intweetiva.pdf