Acceso á zona privada

AGPTI

Volver á lista de novas

Programación da AGPTI para o Culturgal

Gardado en Premio Xela Arias Asociación Actividades Culturgal
Programación da AGPTI para o Culturgal

Este ano temos preparada unha chea de actividades para o Culturgal. Vinde visitar o posto da AGPTI! Teremos a visita de compañeiras tradutoras que traballan no ámbito cultural e coas que poderedes conversar sobre as súas experiencias cun café:

 

VENRES 30 DE NOVEMBRO


• 15:00: Café faladoiro con Patricia Buxán e María Mediero, socias da AGPTI e editoras de Catro Ventos «Café editorial. Da encomenda allea á encomenda arriscada: tradutoras-editoras. Que escollen? Por que?». No posto da AGPTI.


• 18:00: Café con María Alonso Seisdedos, socia da AGPTI e tradutora, I Premio Xela Arias. «Traducir Shin Chan e o Ulises de Joyce. É compatíbel?». No posto da AGPTI.

 

SÁBADO 1 DE DECEMBRO


• 12:30: Acto de entrega do premio Xela Arias a María Alonso Seisdedos no Espazo Foro.


• 18:00: Café faladoiro con Gabriel Álvarez, tradutor de xaponés especializado en manga, e Manuel Arca, tradutor audiovisual. «Café e matcha: sons, palabras e elementos non verbais na tradución da banda deseñada e do audiovisual». No posto da AGPTI.

 

DOMINGO 2 DE DECEMBRO


• 11:30: Faladoiro con María Reimóndez. «A interpretación ao galego en eventos culturais». No posto da AGPTI.


• 13:30: «O proceso de tradución literaria» con María Reimóndez, Patricia Buxán e presentado por Lara Domínguez, no Espazo Foro.

 

Ademais, no noso posto temos outras actividades que podedes probar:


• Concurso de tradución Lost in translation. Ás veces, hai frases e expresións moi difíciles de traducir. E outras, atopamos ao noso redor moitas cousas que parece que foron traducidas por mentes non humanas… Como o farías ti? Fai a túa proposta!


O xogo dos falsos amigos. As semellanzas entre linguas poden ser máis complicadas do que parecen. Xoga connosco para descubrir algunhas moi curiosas.


Atréveste a interpretar? Nunca tiveches curiosidade por probar se é fácil ou non? Gustaríache ser por un minuto como as intérpretes que escoitas na televisión ou nas conferencias?