Acceso á zona privada

AGPTI

Volver á lista de novas

Relatorio sobre tradución audiovisual con Samuel Solleiro na EOI da Coruña

Gardado en Actividades Asociación
Relatorio sobre tradución audiovisual con Samuel Solleiro na EOI da Coruña

O próximo xoves 22 de novembro ás 18h30, o noso socio Samuel Solleiro falará sobre tradución audiovisual na Escola Oficial de Idiomas da Coruña. Unha actividade organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do centro en colaboración coa AGPTI.


Haberá prazas dispoñíbeis até completar o aforo. Pódese asegurar praza recollendo unha invitación na conserxería da EOI da Coruña.

 

Samuel Solleiro (Tui, 1982) é tradutor e subtitulador profesional desde 2013. Traduce do francés, o inglés e o portugués para o español e o galego, e destas dúas linguas entre elas. A súa páxina web é Traduzebra.

 

  • Lugar: sala de vídeo da EOI da Coruña

 

  • Data: 22 de novembro ás 18h30