Acceso á zona privada

AGPTI

Volver á lista de novas

Samuel Solleiro gaña o premio á mellor tradución na Gala do Libro 2020

Gardado en Actualidade Asociación
Samuel Solleiro gaña o premio á mellor tradución na Gala do Libro 2020

O pasado 9 de maio divulgouse a lista de gañadores dos premios da Gala do Libro Galego 2020. Esta gala, convocada pola Asociación Galega de Editoras (AGE), a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG) e a Federación de Librarías de Galicia (FLG), coa coordinación xeral da primeira entidade, pretende "recoñecer a excelencia do traballo realizado no ámbito editorial ao longo do ano 2019 en Galicia".


Na modalidade de tradución, o vencedor foi Samuel Solleiro, socio da AGPTI, pola súa versión en galego de Frankenstein; or, The Modern Prometheus de Mary Shelley, publicada por Aira Editorial co título de Frankenstein ou o Prometeo moderno.

 

O xurado destacou "o valor de ser unha tradución que traslada á perfección a lingua do clásico orixinal e que conserva a forza da historia e o ritmo narrativa da novela, recuperando para o galego a forza dos clásicos universais".


(Foto: Mopalmact)