Acceso á zona privada

AGPTI

Volver á lista de novas

Solicitude á Deputación de Ourense

Gardado en Actualidade Asociación
Solicitude á Deputación de Ourense

Esta semana, a AGPTI enviou un escrito á Deputación de Ourense para lle socilitar a inclusión da licenciatura ou grao en tradución e interpretación entre os requisitos dunha convocatoria recente para unha praza temporal de tradutor/a no gabinete de galego.

 

No perfil requirido para a contratación da devandita convocatoria só se contempla "estar en posesión da titulación de licenciatura en filoloxía galega, filoloxía hispánica (subsección de galego-portugués), filosofía e letras (sección filoloxía hispánica, subsección galego-portugués), grao en ciencias da linguaxe e estudos literarios (galego e español), estudos de galego e español, galego e portugués: estudos lingüísticos e literarios, lingua e literatura galegas, ou equivalentes". Fica, así, sen especificar a licenciatura ou grao en tradución e interpretación, que en Galiza se pode cursar na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo desde a década de 1990.

Infelizmente, esta non é a primeira vez que unha deputación non ten en conta o grao universitario para unha praza relacionada coa tradución.

 

Nesta ligazón pódese acceder ao documento de solicitude remitido.