Acceso á zona privada

AGPTI

Volver á lista de novas

Subvencións da Xunta para asistencia a feiras internacionais do libro

Gardado en Actualidade
Subvencións da Xunta para asistencia a feiras internacionais do libro

O mes pasado, a Xunta de Galicia publicou as bases reguladoras para a concesión de subvencións a creadoras e creadores dos ámbitos da escrita, da ilustración e da tradución para participaren en festivais e en feiras internacionais do sector do libro que teñan lugar en 2019.

 

Cada persoa pode solicitar axuda para a asistencia a un único festival ou feira internacional e beneficiarse dunha soa axuda. Son subvencionábeis os gastos que estean facturados e pagados entre o 1 de xaneiro e o 15 de decembro de 2019.

 

A adxudicación farase por orde de solicitude, e o prazo remata o 29 de maio ás 00:00 horas.

 

O resto de datos necesarios para realizar a solicitude figura na orde publicada no DOG.

 

(Foto: BolognaFiere)