Acceso á zona privada

AGPTI

Volver á lista de novas

Traduxuntanza da AGPTI (e teatro) en Vigo (04/07/2019)

Gardado en Actividades Asociación
Traduxuntanza da AGPTI (e teatro) en Vigo (04/07/2019)

O xoves, día 4 de xullo de 2019, ás 17.30 imos reunirnos en Vigo para parolarmos con outras/os compañeiras/os de profesión e coñecérmonos mellor. Esa mesma noite algúns e algunhas de nós tamén iremos ver a peza de teatro Electra da Companhia do Chapitô (Portugal), no marco da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (existen barcos Cangas-Vigo ata tarde para a volta).

 

Se tes interese, consulta toda a información e confirma a túa asistencia neste evento de Facebook. Agardámoste!