Acceso á zona privada

AGPTI

Volver á lista de novas

Un curso de comunicación con Carmen Máiz

Gardado en Cursos Asociación
Un curso de comunicación con Carmen Máiz

Hai unha semana, o sábado 12 de novembro, un grupo de profesionais da tradución e da interpretación xuntabámonos na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela para asistir ao curso de introdución á comunicación dirixido por Carmen Máiz Bar, directora de Outrabanda Comunicación e profesora do departamento de Comunicación audiovisual e publicidade da Universidade de Vigo.

Nas dúas sesións de mañá e tarde, intensas pero moi enriquecedoras, aprendemos a deseñar e executar un programa de comunicación e a optimizar as diferentes estratexias comunicativas. Tamén se prestou especial atención ás redes sociais e se analizou as potencialidades de cada unha destas plataformas, imprescindíbeis hoxe en día para se introducir e posicionar no mercado e establecer redes sólidas de contactos. A presenza de distintos perfís profesionais entre as participantes no curso deu lugar a unha interesante troca de experiencias e opinións.

Este foi o último curso organizado pola vogalía de formación da AGPTI para o ano 2020. No 2021 esperamos poder ofrecer moitos outros cursos e actividades dirixidos tanto ás socias da AGPTI coma a toda aquela xente do sector que estea interesada en participar.