Acceso á zona privada

AGPTI

Volver á lista de novas

Unha merenda-conversa sobre consumo consciente

Gardado en Merenda-conversa Asociación Actividades
Unha merenda-conversa sobre consumo consciente

Este luns 8 de maio, as socias e socios da AGPTI volveron reunirse virtualmente para asistir á merenda-conversa sobre consumo consciente dirixida por Miguel Braña, tradutor e socio fundador de Catro Ventos Editora.

 

Miguel falou da ética na profesión desde o punto de vista da economía social e solidaria, facendo unha serie de recomendacións e suxestións sobre prácticas de consumo relacionadas coa banca, a subministración eléctrica, as telecomunicacións, os seguros e outras actividades.

 

Ao acabar a súa presentación, houbo unha conversa coas socias na cal se aclararon dúbidas e se falou de temas variados, coma a rede de economía alternativa e social en Galiza, a pegada de carbono dixital, os padróns de consumo na nosa sociedade e o decrecemento.