Acceso á zona privada

AGPTI

Volver á lista de novas

Xornada lúdico-didáctica no parque natural Muíños de Barosa

Gardado en Actividades Asociación Actualidade
Xornada lúdico-didáctica no parque natural Muíños de Barosa

A AGPTI organiza o día 14 de agosto unha xornada lúdico-didáctica en galego no parque natural Muíños de Barosa (http://barosa-gastronatural.flavors.me/#_) para tradutores/as, intérpretes e familiares, e tamén estudantes de tradución e interpretación, sexan ou non socios/as. Tamén poden asistir nenos/as. A xornada celebrarase venres 14 de agosto en Barosa (Barro, Pontevedra) e consistirá nunha visita etnográfica aos muíños de Barosa e un obradoiro de pan (2,5 h) e xantar ao carón da fervenza.
Máis información e método de inscrición en https://www.fb.com/events/1434953546830181/.