Acceso á zona privada

AGPTI

Volver á lista de novas

XX aniversario da AGPTI

Gardado en Asociación Rede Vértice
XX aniversario da AGPTI

En 2001, Saleta Fernández, Lara Santos e María Reimóndez, as tres pertencentes ás primeiras promocións da licenciatura de Tradución e Interpretación da Universidade de Vigo, crean a Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación cunha serie de propósitos entre os que destacan defender os intereses das traballadoras e traballadores do sector, servir de plataforma de comunicación entre profesionais, promover o uso da lingua galega no mercado da tradución e da interpretación e organizar actividades formativas e divulgativas.

Dende 2010, ademais, a AGPTI forma parte da Rede Vértice, entidade que agrupa asociacións de tradución e interpretación de ámbito estatal.

Neste 2021 a asociación celebra o seu vinte aniversario grazas ás distintas xeracións de socias e socios que se foron incorporando co pasar dos anos, tanto profesionais coma estudantes. Máis de 100 persoas que comparten experiencias e coñecementos e loitan por unhas condicións laborais dignas e uns estándares de calidade profesional.

Dende a directiva da AGPTI desexamos que esta efeméride sexa tamén unha oportunidade para seguirmos a medrar e devirmos unha grande ágora da tradución e da interpretación.